14.2.08

un do redondo no piriódico

andanzas dun do Redondo polo Salnés
máis información picando en:

voz
faro
diario de arousa

3 comentarios:

anónima dijo...

ghuapo!!!

Anónimo dijo...

que camisola bonita

Anónimo dijo...

A Coordinadora detecta casos "nos que non se cumpre a lei" sobre o uso do galego

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Secundaria do Salnés fixeron públicos os datos do informe que elaboran anualmente e do que se desprende que existen institutos da comarca que non se axustan á normativa que entrou en vigor o curso pasado.

M.G. > VILAGARCíA Camba e Manuel Capón presentaron as conclusións do estudo. M. IRAGO




Co obxectivo de facer pública a situación sociolingüística do galego nos distintos centros de Ensino Secundario da comarca e dar a coñecer cal é o seu uso académico real, os equipos de normalización e dinamización lingüística de diferentes institutos elaboran dende hai 14 anos un estudo sobre estas cuestións.

Do último informe elaborado constátase, por unha banda, a existencia de centros que non cumpren coa normativa vixente sobre o uso do galego nas aulas, e que contempla que se deben impartir nesta lingua un 50% das materias. Este fenómeno chega ás aulas dun 40% dos institutos participantes, mentras que en outros dase incluso o caso de que as clases en galego supoñen tan só un 30% do total, cifra moi por debaixo da esixida por lei.

En contrapartida, a Coordinadora dos Equipos de Normalización percibiu tamén un aumento no cumprimento da legalidade, xa que, fronte ao 20% do pasado ano, no presente curso son o 60% os centros que respectan a normativa en vigor. Ademais, dentro deste grupo, danse casos no que nalgunhas aulas se supera o mínimo esixido por lei, acadando o 70% das materias impartidas en galego.

Diferenzas > Por outra parte, o estudo elaborado polos distintos equipos de normalización e dinamización lingüística descubre tamén diferenzas importantes entre a "información oficial", é dicir, a aportada pola dirección dos centros á Consellería, e a "real", obtida a partir da recollida de datos entro o alumnado. Segundo poideron corroborar, o uso do galego nas aulas "descende claramente" no segundo caso, polo que dende esta plataforma, piden á administración que tome medidas serias para corroborar a utilización da lingua nas clases.