14.1.08

Onde anda Espiño???

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Espiño vivía diante da casa de Topete, era feliz e mesmo se fixo amigo de Tito (debía ser algo importante porque o cánido TPT odia a raza espiña)... o caso é que hai tempo que non se sabe nada del... Alguén ten información? se non é así opinade que o falar non ten cancelas!!!

Anónimo dijo...

a última ves que o vin taba no gharaxe,coitadiño,tiña un capón que non lle quitaba ollo.
desde aquela non volvín saber del.

o de que se fixo amigho do tito(ou "teta" como o denomina o topetiño)non é de todo certo; ó can non lle facía excesiva ilusión que o "tptespiño" anduvera por alí suelto, + que nada porque o deixaba sin comida! xa vos podedes imaxinar ó tptcan dormindo e o tptespiño que, tras lle comer a ración do mediodía, empeza a pasear por diante do animal puteándoo, o can que desperta e o tptespiño que empeza a correr(e non esaxero,o bicho corría e moito, pa ser quen era...)e o can a ladrar e o tptespiño a correr e os de tpt na eira ríndose: do can,do espiño,...

aivlis dijo...

eu preguntarialle a tptcan que foi de tptespiño .....

casadarriba dijo...

Na eira da casa darriba aparece, de cando en vez, unha colonia de ourizos cachos(así se chaman por aquí arriba) que fan as delicias dos seus moradores, agás do Tarzán, que tolea a ladrar cara eles...
Quen sabe se adoptaron o espiño pequeno tpt...

Anónimo dijo...

hai aljun polo concello

Anónimo dijo...

Ola, ex-familia:
Só quero dicirvos que non me busquedes máis...Atopei unha familia máis equilibrada (por certo, non me resultou moi difícil), e refixen a miña vida.
non me gardedes rancor...
unha aperta non moi apretada, que pincho

Espiño

Anónimo dijo...

así vai o país....

Anónimo dijo...

perdona bicho con pinchos, pero somos unha familia perfectamente estruturada e sen ningún tipo de problema entre nós, bue, quitando a manuel, que el si que ten problemas, se eu vos contara... Pero o resto estamos perfectos.

aivlis dijo...

espiño estaba na tele, no anuncio de genesis, que ghuapiño estaba!!!!!

Anónimo dijo...

fixo coma pancho o can da lotería, abandonounos por ser artista.

Anónimo dijo...

terá algo que ver co billete de lotaria que desapareceu en Carballo?

Anónimo dijo...

espiño será o que queiras, pero ladrón non, non te atrevas a meterte co bicho de pinchos que che zurro.

Anónimo dijo...

eu non digho nada...