21.12.07

imaxes do redondo


Eu quero inaugurar unha sección de imaxes (que non todo van ser topetadas), pero non sei que título poñerlle... admito suxestións

16 comentarios:

comisión permanente dijo...

por certo penso que as da foto son da casa de topete...

Anónimo dijo...

A que son as de josé manuel?

casadabaixo dijo...

...mmm...é posible...ou de ramón de felipe

aRapaza dijo...

da casa de topete non son, que non teñen años, bue, hoxe naceron 2, pero cando se quitou a foto non había. deben ser de ramón de felipe que aí atrás seica tiña un rabaño xeitoso e que lle pariran non sei cantas.

mulherinha dijo...

a foto é vella...igual as ovellas de topete daquela eran años...

Anónimo dijo...

eu teño unha foto parecida cas de topete pero despístame o fondo... pa min son as de felipe ou as do ioco...

eu dijo...

sigho decindo que son as de felipe, que son moi lanudas e teñen años pintados.


vou pedir un minuto de silencio,aprobeitando que andades cas ovellas a voltas, en memoria de FEDERICO.

aivlis dijo...

uy, que entretenido!!!!!!
ahora tocoulle as pobres ovellas.
pois miñas non son, pero claro eu tampouco son do redondo, asique non sei que farian as miñas ovellas ahi, sobre todo porque non teño ovellas

arapaza dijo...

a aivlis xíalle un pouco,non?????

teño a solución ao dilema das ovellas, temos que preguntarlle ao rapás máis vello dos de topete,que el é o que sabe de ovellas.

aivlis dijo...

querida arapaza: a min non me xia.o que pasa e que non me interesa de quen son as ovellas, ó fin e o cabo son todas iguales, catro patas, lan...da igual o dono, as ovellas non varian moito

MTPT dijo...

COIDADO AIVLIS QUE NON SABES ONDE TE METES, NON OPINES DE OVELLAS SE NON SABES DO TEMA...

aivlis dijo...

quen dixo que eu non sei de ovellas... que non me gusten non quere decir que non teña coñecementos sobre o tema.
ademais, sempre van contestar os mais indicados.....todos sabemos que na casa de topete o unico que mira polos animales e o máis vello deles, os mais novos pasan bastante do tema.

comisión permanente dijo...

canto dan de sí as pobres ovelliñas...

aRapaza dijo...

o de que solo mira o máis vello por elas é incerto, que como escape alghún año ou ovella quen ten que subir a calzada pa traelo ó regho é o que tea na casa, independentemente da edá. e cando chove moito e alghunha ten medo de que lle encollan as ovellas ca chuvia quen se molla tamén é o que atope na casa.
pa ser exactos hai que decir que o rapas máis novo non mira polas ovellas, a ver se aghora nos vas meter a todos no mismo saco....

MANUTPT dijo...

MIRA EH, CANTAS VECES EH EH
E CHOVENDO
E AÍNDA TEDES ALGO QUE DECIRE CONDENADOS-AS!!!!
QUE NON ME PREOCUPEN NON QUERE DICIR QUE PRINGUE!!!!

aRapaza dijo...

menos mal que tou eu pa defendernos, que ti...
sigo crendo que son as de felipe, pq ó fondo vense unhas coles e o tellado dunha casa, da de xulián?

ou?